miércoles, 20 de abril de 2016

ENCONTRO CON MARCOS CALVEIRO


Os nenos e nenas de 2º de primaria coñecemos a Marcos Calveiro, o autor de "Raro" , o libro que todos xa lemos...
Marcos contounos como todos, por algún motivo, temos "rarezas", a súa é que utiliza calcetíns de
distinta cor, e preguntounos polas nosas.
Tamén nos contou como, a pesar de ser un libro moi pequeno, tardou 6 meses en escribilo, e é o
único que escribiu para nenos pequenos.
Gozamos moito deste escritor tan próximo, espontáneo e paciente con todas as preguntas que lle
fixemos.
Marcos soubo achegarse a nós e rirse connosco.




 

Sempre lembraremos o luxo extraordinario de poder coñecer a un escritor da súa calidade!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario