martes, 29 de abril de 2014

ENCONTRO CON MANUEL RIVAS "O RAPOSO E A MESTRA"

 
O 28 de abril, Manuel Rivas presentou no IES Blanco Amor a súa novela infantil "O RAPOSO E A MESTRAS", e nós estivemos alí!!!
 
 Música, literatura e un pouco de teatro mesturáronse  dando forma ao explosivo cóctel no que se converteu a presentación da nova novela infantil de Manuel Rivas. Cun público totalmente entregado, o escritor levou a un escenario o argumento do libro.
 
 
Con ilustracións de Jacobo Fernández Serrano, O raposo Pindo é un raposo solitario, que sabe as falas de todos os animais e as persoas; segundo se di é fillo do lobo Petiso e a raposa Meiga.
 Pindo, ten dúas peculiaridades: a primeira é que, contemplando como o sol se poñía no mar, conseguiu o poder de hipnotizar aos demais animais do bosque. E a segunda é que sabe imitar as linguas dos humanos e os sons doutras especies.
 
 
Imposible non collerlle cariño a este raposo raposeiro que sabe de todo e que ten tantos poderes, que é tan presumido e tan argalleiro, que sabe soñar, e que sabe aprender. Como aprende a mestra con el.
Por iso é polo que, na escenificación que protagonizó Manuel Rivas, acompañálle un dos músicos da Roda. Ambos reproduciron eses sons e interpretaron cancións populares en distintos idiomas que aparecen no libro, tanto en galego e español como en inglés e ata en alemán


Manuel Rivas. Biografía e obras AQUÍ. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario